Programación teatral de Vigo a Escena para a fin de semana
Tres representacións do programa Vigo a Escena, que organiza a Concellería de Festas, visita os barrios de San Xoán Poulo, Coruxo e Beade.
A Asociación de Veciños de San Xoán Poulo acollerá o , sábado, a partir das 19,00 horas, unha nova representación do programa Vigo a Escena, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural. Neste caso vaise representar a obra “Ligazón”, a cargo do grupo The Pinga.
Mónica Iglesias, Miguel Condal, Jesús Pando e Luis serán os actores que protagonizarán esta obra que foi publicada no ano 1926. Trátase dunha peza curta incluída dentro dunha obra maior que baixo o título “El retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte” engloba o que se deu en chamar o teatro mítico de Valle Inclán e dentro do cal incluiríanse tamén outras das súas obras máis salientables: “Comedias bárbaras” e “Divinas Palabras”.
A montaxe sumérxenos nunha Galicia rural profunda e espesa que traspasa o real para empaparse nun misticismo que “poalla”, dunha forma leve pero intensa, pequenas pingas de esperpento, ó tempo que embaraza de símbolos a súa iconografía escénica.
The Pinga Teatro é a historia de “Dous Homes e un destino”, frase que fai honra a aquel famoso filme de vaqueiros que subsiste na memoria colectiva. Un catalán, Miguel Condal, e un galego, Jesús Pando, decidiron un bo día compartir destino, xurándose teatro eterno. “Ligazón” é a súa terceira montaxe.
O domingo , a partir das 19,00 horas,no CRAC de Coruxo representarase a obra “¿Qué...?”, a cargo do grupo Sísifo.
Baixo a dirección de Manuel Camba, os actores Rafa Costas e César Aldea adentrannos nunha obra que xira en torno a una serie de persoas en estado de certo desacougo que saen a escea para debullar algunhas das cuestións que lles afectan como seres vivos que son. Falan diante dun psiquiatra-espectador sempre comprensivo e mesmo identificado para despois marchar por onde viñeron, iso sí, tal vez co espírito algo máis tranquilo.
Tamén o domingo e ás 19.00 horas no CSCR de Beade varios actores, baixo a dirección de Xérome Calero, son os protagonistas desta nova montaxe de Máscara Produccións, baseada nunha obra de Alberto Pimenta. O grupo resume a filosofía da obra coa seguinte frase: Fillo de puta é “todo o mundo” ou “ninguén”: é unha propensión humana que se manifiesta logo que as condicións o permiten, e o permiten moito”.