Máis de 800 persoas beneficiáronse da Axuda a Domicilio no 2002
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a memoria do programa de Axuda a Domicilio do 2002. O servicio incrementou o número de casos atendidos verbo do ano pasado ata chegar aos 802 usuarios, dos que 399 son titulares da prestación e 403 familiares.
"A atención domiciliara pretende adiar a institucionalización das persoas con algún tipo de dependencia, favorecendo a súa autonomía e a permanencia no seu contorno habitual", explicou Belén Sío. A asistencia domiciliaria combina o coidado persoal e doméstico, co apoio psicosocial e as iniciativas lúdicas e de relación entre beneficiarios.
Así, as 7.048 horas de servicios desenvolvidos dividíronse entre a atención persoal e doméstica, actividades educativas e sociais, asesoramento xurídico, lavandería, transporte adaptado, voluntariado e acompañamento. Xunto a isto, 83 persoas utilizaron o programa de teleasistencia, a través de 3.957 intervencións.
Doutra banda, 175 dos usuarios con maior mobilidade participaron en obradoiros de manualidades, excursións, festas, visitas ou tertulias, promovendo o intercambio de experiencias con outros beneficiarios do servicio.
As eivas que provocaron a demanda do programa foron en 367 casos de índole física, en 90 de deterioro psíquico, para 323 de enfermidades orgánicas e para 124 a soidade.
Sío subliñou a rendibilidade da Atención Domiciliaria fronte a opción do ingreso en residencia, cun custo moito maior.
Descargar todas as imaxes