Os usuarios de autobús urbano disporán dunha nova liña a partir do luns
O luns 10 de marzo entra en funcionamento unha nova liña circular de autobús urbano que se denominará C-16. Cunha frecuencia de 15 minutos, circulará en sentido inverso ás outras liñas entre o centro da cidade e a zona das Travesas, o que lles facilitará os desprazamentos aos usuarios do transporte colectivo.
O percorrido da C-16 será de praza de España, Gran Vía, Urzáiz, República Arxentina, García Barbón, Policarpo Sanz, Paseo Alfonso, Falperra, Cachamuíña, Blein, Camelias, Hispanidade, Barcelona, Regueiro, Zamora, Valle Inclán e Gran Vía.
Esta nova liña terá un percorrido alternativo cada hora para reforzar o servicio de autobús urbano no barrio da Salgueira, que complementará o actual. Cada catro autobuses, un pasará por Regueiro, Gran Vía, Baixada ao Castaño, Salgueira, Estrada provincial e praza de España.
Coa entrada en funcionamento da C-16, os vigueses reducirán o tempo de espera polo autobús urbano xa que disporán dunha maior frecuencia horaria ao ver incrementado o número de liñas de transporte público.