Escoitar

Asuntos que tratará a Comisión de Goberno na xuntanza do luns

venres, 7 mar 2003
1.-Acta da sesión ordinaria do 17 de febreiro de 2003.

ADMINISTRACIÓN DE TRIBUTOS
2.-Dar conta do decreto de Alcaldía de data 26.02.03 polo que se aproba o Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2003. Expte. 15971/511/03.

BENESTAR SOCIAL
3.-Dar conta da relación de contratos menores tamitados polo departamento de Benestar Social durante os meses de xaneiro e febreiro de 2003.

4.-Revisión do IPC correspondente ó convenio de xestión do Servicio de Centro de día para persoas maiores adxudicado á Cruz Roja Española. Expte. 10286/310/03.

5.-Prestación do Servicio de Centro de día para persoas maiores.Expte. 13.030.380.

CEMITERIOS
6.-Adxudicacións de nichos e cinceiros nos cemiterios de Pereiró, Lavadores, Teis, Cabral e Bembrive. Expte. 5323/255/03.

CULTURA
7.-Proxecto de convenio de colaboración coas Bandas de música populares de Vigo para o exercicio 2003. Expte. 249/335.

DEPORTES
8.-Solicitude de autorización da A.VV. Camiño Vello de Coia para a celebración do Día do Deporte en Coia o día 16.03.03. Expte. 3577/333/03.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
9.-Prórroga do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado General Gitano asinado o 19.07.02. Expte. 1592/077.

INTERVENCIÓN
10.-Gastos de locomoción do persoal municipal, para incluir na nómina do mes de marzo de 2003.

11.-Xustificantes de libramentos.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
12.-Solicitude de autorización para subscribirse á Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos. Expte. 2426/446.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
13.-Adxudicación do concurso para a contratación da actualización do inventario da situación de conservación das vías públicas municipais en zonas rurais e periurbanas. Expte. 35714/250/02.

14.-Expediente de contratación da póliza de seguro para a cobertura de riscos do continente e contido do Museo Quiñones de León do Concello de Vigo. Expte. 479/337

15.-Expediente de contratación para a subministración de materiais de construcción para o Concello de Vigo. Expte. 37051/250/03.

16.-Expediente de contratación para a subministración de mezclas bituminosas para o Concello de Vigo. Expte. 37050/250/03.

17.-Expediente de contratación da asistencia técnica para a reorganización e xestión da Aula municipal de Etnografía. Expte. 1377/405/03.

18.-Expediente de contratación para a subministración dunha cámara dixital para funcionar co equipo cinemómetro radar do Concello de Vigo. Expte. 15780/240.

19.-Devolución de fianza á entidade Tegecovi S.A. constituída para responder das obras de construcción e explotación do aparcamento da Praza do Rei. Expte. 14657/140/03.

20.-Reclamación de Da. Elisa López Bastos por danos ocasionados por unha caída na rúa Sombrereiros por causa dun burato existente no chan. Expte. 13991/240/01.

PERSOAL
21.-Proxecto de convenio de colaboración entre a EGAP e o Concello de Vigo para a realización de accións formativas. Expte. 13916/220/03.

22.-Asignación de complemento de productividade a Da. Ana Mª Carballal Regueiro por acumulación de funcións. Expte. 13781/220.

23.-Asignación de complemento de productividade a D. Marcos López Campos por acumulación de funcións. Expte. 13901/220.

24.-Solicitude de Dª Ana Kowalski Bianchi de reducción de xornada por ter un fillo menor de nove meses de idade. Expte. 13918/220.

25.-Solicitude de Da. Ana Kwalski Bianchi de reducción da xornada por ter ó seu coidado directo un menor de seis anos. Expte. 13917/220.

26.-Distribución do presuposto do Fondo Social para o ano 2003. Expte. 13909/220/03.

27.-Concesión de axudas por reclamacións do primeiro prazo de bolsas de estudios 2002. Expte. 13910/220/03.

28.-Concesión de axudas especiais con cargo ó Fondo Social. Expte. 13911/220.

29.-Concesión de axudas de estudios para o curso 2002/2003 –segunda convocatoria- con cargo ó Fondo Social. Expte. 13912/220.

30.-Gratificación por servicios especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente ós meses de setembro de 2002 e xaneiro de 2003. Expte. 13906/220.

XUVENTUDE
31.-Recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Tasoga S.L por importe de 27.886,96€ para sufraga-los gastos da II Feira da Infancia e Xuventude realizada do 26 ó 29 de decembro de 2002. Expte. 773/336/03.

32.-Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal, Cultural e deportiva de Lavadores para o desenvolvemento de actividades de dinamización infantil e xuvenil. Expte. 764/336.

33.-Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal Dr. Fleming para o desenvolmento de actividades dentro do Programa Noites Vivas. Expte. 777/336/03.

34.-Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Xuvenil Abertal para o desenvolvemento de actividades de dinamización xuvenil. Expte. 771/336/03.

35.-Rogos e preguntas.