Escoitar

MARCO súmase a celebración do Día Internacional dos Museos

Unha vez máis, o MARCO súmase a celebración do Día Internacional dos Museos e ofrece unha programación especial na fin de semana do 15 e 17 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, xunto coas exposicións que nesas datas se exhiben en salas.<br />

venres, 15 mai 2015
1431688047diamuseos.jpg
Na programación da fin de semana DIM destaca o ciclo MARCO Escena, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, ademais doutras actividades específicas —obradoiro de scrapbooking na Biblioteca-Centro de documentación, programación do Laboratorio das Artes, visitas guiadas— para público infantil e adulto.

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema para o DIM 2015 é ‘Museos para unha sociedade sostible’, que pon de manifesto o papel que xogan os museos á hora de sensibilizar ao público sobre a necesidade dunha sociedade menos debaldidora, máis solidaria e que utilice os recursos dun xeito máis respectuoso cos sistemas biolóxicos.
Descargar todas as imaxes

Máis información