Escoitar

O goberno de Vigo aprobou os programas de calidade para as fases finais das humanizacións de Gregorio Espino e Gerona

Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos programas de calidade dos traballos de humanización que o Concello ultima en Gregorio Espino e en Gerona, ambos nas súas primeiras fases e cun investimento conxunto superior ao medio millón de euros.

venres, 15 mai 2015
O goberno local deu conta este venres dos programas de calidade de cara á finalización das humanizacións que ten en marcha o Concello en Gregorio Espino e Gerona, por un investimento superior ao medio millón de euros.

Segundo informou Abel Caballero esta mañá, a primeira fase da humanización de Gregorio Espino comprende a beirrarúa esqueda da Avenida, entre as rúas San Roque e Urzáiz, e inclúe a disposición dunha mediana no tramo entre Aguia e Xílgaro. A humanización da rúa Gerona, tamén en execución na súa primeira fase, supón a remodelación do treito entre a Gran Vía e Alfonso X El Sabio.

Outros acordos
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adoptou otras decisións informadas polo alcalde, como a aprobación dos convenios de carácter cultural para achegar 7.200 euros ao Teatro Ensalle pola programación organizada para 2015; e para subvencionar con 70.000 euros a programación especial polo décimo aniversario da Orquestra Vigo 430, cinco grandes concertos que teñen lugar en abril e maio en distintos recintos da cidade.

No tocante ao deporte, o goberno de Vigo deu luz verde ao convenio para apoiar con 5.000 euros o proxecto deportivo Paralimpiadas Río 2016 do tenista vigués Martín de la Puente que, con 15 anos, é o nº1 mundial na categoría sub-15, dous na clasificación mundial junior e nº1 no ránking nacional absoluto. Ademais, o Concello aprobou o convenio para subvencionar con 48.000 euros ao AMFIV, tanto polo seu equipo de división de honra e desenvolve un programa de promoción do deporte de base na cidade. O goberno local tamén aprobou o convenio para subvencionar con 8.000 euros a participación da Agrupación Deportiva Vigo no Campionato de España de Fútbol 7, que terá lugar en Salamanca entre o 19 e o 21 de xuño, entidade que organiza unha competición de Fútbol 7 no que participan máis de 3.000 deportistas