O goberno local licitará a escaleira mecánica de Porta do Sol antes de fin de ano se as catas arqueolóxicas o permiten
O alcalde anunciou a licitación para antes de fin de ano das obras da escaleira mecánica que unirá Porta do Sol con Abeleira Menéndez. Durante unha visita as catas arqueolóxicas que se están a realizar na zona, indicou que nunha semana os técnicos entragarán o informe e, senón aparecen restos, levantarse a cautela arqueolóxica no entorno. <br />
Abel Caballero achegouse hoxe venres ás catas arqueolóxicas que se están a realizar na zona na que se prevé construir unha escaleira mecánica que una Porta do Sol con Abeleira Menéndez. Acompañado da concelleira de Cascos Históricos, Carmela Silva, e o de Fomento, David Regades, visitou os catro sondeos (de 1,5 por 1 metro) que se van a desenvolver durante unha semana e será nese momento cando os técnicos descarten ou non a presenza de vestixios arqueolóxicos na zona. Se non apareceran restos, levantarse a cautela arqueolóxica do entorno e o goberno local licitará os traballos antes de fin de ano, coa previsión de que comecen a principios da primaveira que ven.
O ámbito de actuación abarca desde Porta do Sol ata a Fonte de Baixada á Príncipe, situada aproximadamente na zona central da rúa II República que salvaría un desnivel de 10 metros. Tal e como indicou, se prevé a instalación de dúas escaleiras mecánicas, que se construirán en dúas fases. O primeiro tramo ten un orzamento de medio millón de euros, un importe que ascende a 1,2 millóns para finalizar a actuación. O rexedor amosou durante a visita a "ilusión do goberno" porque se trata dun proxecto "fermoso, eficiente e moi respectuoso".
Descargar todas as imaxes