Pleno da Corporación
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 14
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 30 de SETEMBRO de 2012, ás 9,00 HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: (Pleno extraordinario 5 de agosto 2013)
2.- Declaracións institucionais.
3.- Ditames das comisións informativas:
XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Festivos locais para o ano 2014. Expte. 732/1101.
3.2.- Compatibilidade para o exercicio de actividades privadas do funcionario municipal D. Fernando Villa Agulla (autorización). Expte. 1370/110 (741/1101).
URBANISMO
3.3.- Resolución de alegación e aprobación provisional da Modificación Puntual nº 8 do PXOM (Execución de sentenza). Clasificación da parcela nº 1 da UA Moledo e Sector S-26-R Pescadeira-Sárdoma. Expte. 13717/411 (740/1101).
CULTURA/COMISIÓN DENOMINACIÓN DE RUAS
3.4.- Distinción a D. Rufo Pérez González, denominando o tramo do paseo do rio Lagares que vai dende a Baixada á Ponte Nova á Baixada ao Pontillón, como "Paseo do matemático Rufo Pérez". Expte. 743/1101.
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do grupo político do BNG, manifestando o apoio aos cidadáns beneficiarios de pensións percibidas no estranxeiro e instando á Xunta de Galicia mecanismos de colaboración e ó Goberno do Estado a anulación dos expedientes sancionadores. Expte. 729/1101.
5.2.- Moción do grupo político Socialista, instando á Xunta de Galicia a retirada da denuncia interposta contra os representantes dos traballadores do Hospital POVISA. Expte. 733/1101
5.3.- Moción do grupo político Socialista, instando ao Goberno do Estado mecanismo legais dando resposta positiva ás alegacións presentadas polos pensionistas retornados aos requirimentos da Axencia Tributaria. Expte. 736/1101
5.4.- Moción do grupo político Socialista, instando á Xunta de Galicia a que se pronuncie nítida e contundentemente sobre a permanencia da colección pictórica de Caixanova na Cidade de Vigo. Expte. 737/1101
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
1.3.- Dar conta do Decreto da Alcaldía, delegando atribucións ao concelleiro de Fomento para a dirección técnica e política do expediente de "Construción dunha escola infantil en Navia". Expte. 742/1101.
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do grupo político do Partido Popular, instando ao goberno municipal accións necesarias para mellorar a mobilidade na cidade e demais acordos complementarios. Expte. 734/1101
4.2.- Moción do grupo político do Partido Popular, instando ao goberno municipal mecanismos para consolidar e fortalecer o turismo en Vigo con iniciativas de interese para os visitantes. Expte. 735/1101
4.3.- Moción do grupo político do Partido Popular, instando a formalización de solicitude para a de incorporación da Cidade de Vigo á "Rede de Cidades pola Accesibilidade". Expte. 724/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día TRINTA DE SETEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 26 de setembro de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.