A Casa das Artes expón as 132 obras presentadas ao XVIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo
No acto de inaguración, presidido na tarde de onte xoves polo alcalde de Vigo, déronse a coñecer os tres gañadores e os catro accésits concedidos. A exposición, aberta ata o 13 de outubro, recolle todas as fotografías presentadas baixo os temas "Estrela", "Negra Sombra", "Baleiro" e "Salto"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu onte xoves a inauguración da exposición do XVIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo, que recolle os 132 traballos presentados a este xa clásico certame fotográfico en Galicia.
Coa apertura da mostra, o xurado do concurso anunciou aos gañadores -dotados con 1.000, 400 e 250 euros- e aos catro accésits concedidos -de 150 euros cada un-. Os temas a abordar no Maratón foron "Estrela", "Negra Sombra", "Baleiro" e "Salto", e os gañadores son:
- Primeiro premio, dotado con 1.000 €: Antonio Gutiérrez Pereira
- Segundo premio, dotado con 400 €: Sara Mª Baños Martínez
- Terceiro premio, dotado con 250 €: Alejandro Barberena Cosmed
- Accesits, dotados con 150 € cada un:
- Belén Chorén Sánchez
- Ramón Sousa Lemos
- Rafael Juliana Méndez
- José Chazo Vega
O concurso celebrouse os pasados días 10 e 11 de agosto, organizado pola Agrupación Fotográfica Galega e o Concello de Vigo. No proceso de selección, a AFG fixo unha primeira criba de 20 series que contan cun espazo relevante na mostra, mais, como de costume, estarán presentes todas as fotos das persoas participantes.
O xurado, presidido polo concelleiro-delegado de Cultura e Festas, Calos López Font, estivo composto por: Lisi González (fotógrafa profesional), Hayat Husein (deseñadora gráfica), David de la Iglesia (deseñador gráfico), Xacobo Sanmartín (director e produtor audiovisual) e Alfonso Durán (fotógrafo profesional que actuou en representación da AFG, con voz pero sen voto).
Descargar todas as imaxes