Espectáculo MOMO no Auditorio Municipal do Concello
O venres 27 de setembro, ás 20:00 h, representase no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, s/n) a obra MOMO, un espectáculo de teatro xestual que xorde da adaptación da novela de Michael Ende. Esta proposta, apta para todos os públicos, fálanos do concepto do tempo e de como é usado polos homes nas sociedades modernas.
O espectáculo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, está dirixido por Alfonso Rivera, e no equipo artístico participan xóvenes actores procedentes da ESAD-Escola Superior de Arte Dramática de Galicia: Alba Alonso, Germán Gundín, David González, Andrés Seara e María Llanderas.
As entradas terán un prezo de 5 € e poderán adquirirse, dende unha hora antes do seu inicio, no despacho de billetes do propio auditorio.
Descargar todas as imaxes
As entradas terán un prezo de 5 € e poderán adquirirse, dende unha hora antes do seu inicio, no despacho de billetes do propio auditorio.