Escoitar

Inauguración exposición "XVIII MARATÓN FOTOGRÁFICO" na Casa das Artes

Este xoves 26 de setembro, ás 20:00 h, inaugurarase na planta primeira da Casa das Artes a exposición do XVIII MARATÓN FOTOGRÁFICO, organizada pola Agrupación Fotográfica Galega (AFG), coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas

mércores, 25 set 2013
1380100555maraton.jpg
O pasado 10 de agosto, tivo lugar unha nova edición do "Maratón Fotográfico Concello de Vigo", proba que xa é un clásico nos concursos fotográficos a nivel galego. Os temas elixidos foron: "Estrela", "Negra sombra", "Baleiro" e "Salto"; os datos da saída foron de 139 participantes, 135 na categoría dixital e 4 nostálxicos con cámara de película.

A AFG fixo unha primeira selección de 20 series que configurarán a exposición; o xurado dará a coñecer na inauguración aos gañadores dos premios estipulados nas bases:

Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: 400 €
Terceiro premio: 250 €
4 accésit de 150 €

Como de costume, na exposición estarán presentes todas as fotos das persoas participantes. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 13 de outubro.
Descargar todas as imaxes

Máis información