Escoitar

O alcalde anuncia a "primeira baixada" de impostos municipais da historia

Abel Caballero avanzou a conxelación total das taxas, impostos e prezos públicos de servizos municipais aos que no 2014 non se lles aplicará a suba do IPC, situado nun 1,4 (tomando como referencia de marzo a abril). Isto supón, dixo, a primeira baixada de presión fiscal da historia da cidade que pon en marcha "porque queremos cooperar para axudar na saída da crise".

martes, 24 set 2013
1380023214alcalde6.jpg
Vigo aplicará en 2014 a primeira conxelación total de taxas, servizos e prezos públicos, cunha rebaixa do 1,4 por cento en termos reais. Deste xeito os vigueses pagarán a mesma contía que o ano pasado nos recibos do IBI, vehículos de tracción mecánica, plusvalías de terreos urbáns ou obras instalacións e construccións. O alcalde, tal e como explicou en rolda de prensa, deu instruccións á concelleira de Facenda para que por primeira vez na historia non se aplique a suba do IPC, nesta ocasión dun 1,4%, tomando a referencia tradicional de marzo a abril.

Durante a rolda de prensa, Caballero ennumerou as taxas que non verán o prezo incrementado no 2014: expedición de documentos; licenzas de taxis, servizos especiais espectaculos e grandes transportes; extinción de incendios; cemiterios; grua municipal; recollida do lixo de vivendas e actividades comerciais; retirada postos venda via publica; inspección sanitaria (laboratorio municipal); desinfección, desinsectacion, desratización.; vertidos e limpeza de pozos negros; taxas do servizo de axuda no fogar (saf); taxas de garderias infantis; aproveitamento da via publica: vados, andamios, colectores de escombros, mudanzas, postos na vía pública, carga e descarga por motivo de obras...; instalación de quioscos; instalación postos de venda; estacionamento de vehículos (ora); prezo publico enseñanzas especiais (escola de danza, escola de música, escola de teatro); prezos públicos organizacion espectaculos, utilización do auditorio, actividades no zoo..; verbum.; taxas de licencia de obras. taxas de licencia de actividades e instalacións; prezos publicos pola utilización das instalacións do instituto municipal de deportes; taxas por visitas ó zoo; taxas por suministración de auga potable, rede de sumidoiros; saneamento e depuración de augas residuais.

As ordenanzas fiscais do 2014, se incluirán, sen embargo, algunha modificación, por exemplo, a ampliación extraordinaria do período voluntario de cobranza, en determinados supostos vencellados á baixa capacidade económica. Tamén se modificará a ordenanza fiscal de telefonía móvil, neste caso, para cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE e aplicar o principio de equidade fiscal a unha serie de operadores de telefonía móbil que ocupan dominio público local e non tributan por esta taxa. Nesta situación, atópanse compañías como Vodafone, France Telecom, Orange.... Caballero deu conta tamén dunha nova ordenanza fiscal de servizos en galerías municipais, pola utilización en beneficio de empreas como Unión Fenosa, Telefónica, R-cable ou Aqualia, entre outras, dunha galería de servizos no subsolo da rúa Teixugueiras e adxacentes.

Bonificacións
Respecto das bonificacións, o alcalde aseverou que se manterán as mesmas que no actual exercicio, coa conxelación real das taxas en escolas infantís, -o 45% dos usuarios non pagan nada-; a asistencia domiciliaria, -o 22% non paga nada e o resto paga o 15%- do custo. Mantense a bonificación do 75% do imposto de circulación durante dous anos para vehículos con emisións de CO2 inferiores a 120 gr/km; taxa cero para terrazas; reducción 90% en licenzas de locais menores de 150 m2; reducción dun 10% na taxa do lixo para aquelas actividades que viron incrementado o IVE do 8 ao 21% o ano pasado; exencións na taxa de basura para familias monoparentais, numerosas, maiores de 65 anos que viven sós, desempregados de longa duración, dependentes- en función dos seus ingresos-, persoas con cargas familiares e máis de 22 meses ininterrumpidos en paro, se os seus ingresos son inferiores a 19.934 anos.

Tamén se prorrogan outras ventaxes fiscais como bonificacións do 3% no IBI por pago en dous prazos; do 20% na taxa de lixo para oficiñas e despachos; a empresas de interese municipal; modificación da taxa do lixo ás fruterías, establecendo cinco tarifas en función do tamaño do local; o recibo da auga; bonificacións nos abonos das instalacións deportivas municipais cun 25% para os empadroados en Vigo; ou o 50% para familias numerosas con percepcións mínimas anuais inferiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional
Descargar todas as imaxes