Escoitar

Caballero asegura que o atletismo popular atravesa un "bo momento" en Vigo

Así o indicou o alcalde este mércores, na presentación da carreira 10 quilómetros Praia de Samil que terá lugar este domingo, 29 de setembro. Con preto de 1.200 inscritos, a proba supera a cifra de atletas do pasado ano e suma á patinada popular unha carreira de escolares de dous quilómetros de lonxitude.

mércores, 25 set 2013
1380108949samil.JPG
Samil será a sede da segunda edición dos 10 quilómetros Praia de Samil, unha carreira popular que percorrerá a Avenida do mesmo nome este domingo, 29 de setembro.

O alcalde presentou hoxe mércores esta proba con Javier Álvarez Salgado, entre outros participantes e colaboradores co evento. Abel Caballero indicou que os organizadores son garantia de "calidade" na celebración da carreira e explicou que o atletismo popular goza dun "bo momento" en Vigo, como amosa os case que 1.200 participantes inscritos este ano, que superan con creces os 900 da edición de 2012.

Os atletas tomarán a saída ás 11 horas do domingo na Avenida de Samil, fronte ao polideportivo, estrada que acolle todo un percorrido homologado pola Real Federación Española de Atletismo. As instalacións deportivas municipais ofrecen servizo de duchas e gardarroupa para os participantes.

De xeito complementario, e previo á saída da proba dos 10 quilómetros, a organización e o Concello programan unha carreira de escolares de 2.000 metros, para aqueles nados entre 1998 e 2003, ademais da patinada popular -xa celebrada o pasado ano-, para todas as idades e con circuitos distintos para iniciados e avanzados na patinaxe.
Descargar todas as imaxes