O Concello cooperará coa Unión Federal de Policía no curso sobre seguridade e terrorismo que organiza en Vigo
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este mércores unha entrevista co sindicato policial, que organizará en Vigo un curso a nivel estatal sobre seguridade cidadá e violencia terrorista, segundo explicou. O rexedor amosouse "encantado" de que a UFP elixira Vigo como a cidade de celebración do evento.