O Concello adxudica o servizo sanitario asistencial a drogodependentes por 1,3 millóns
Así o anunciou hoxe venres Abel Caballero, quen se referiu a este servizo que se presta no Centro de Drogodependencias (CEDRO) e recordou que o Concello de Vigo ven incrementando anualmente os recursos ao mesmo para paliar os "recortes permanentes" da Xunta de Galicia.
O goberno de Vigo contratou o servizo sanitario asistencial a persoas con drogodependencias -unha das partes do que ofrece CEDRO- por 1,3 millóns de euros para dos anos, prorrogables por outros dous, e cun aforro de 24.000 euros sobre o prezo de licitación.
Explicou Caballero que, mediante este novo contrato, a adxudicataria contratará para Cedro a un médico especialista en psiquiatría a media xornada, un auxiliar de laboratorio para os meses de verán e financiarán un proxecto de investigación no ámbito da neuropsicoloxía e rehabilitación neurocognitiva.
O coste total de CEDRO ascende a 1,6 millóns de euros anuais, tal e como informou Caballero. A Xunta de Galicia, segundo denunciou, reduciu a partida do convenio para o servizo sanitario a drogodependentes, pasando de financiar a metade en 2009 ao 29% neste 2013. Para facer fronte a devandita situación, e pese a ser competencia autonómica ao ser asistencia sanitaria, o Concello de Vigo incrementou os fondos para Cedro ata superar o millón de euros, o 71% do coste total.