Clausura do Festival Chámalle X no MARCO
O Festival Chámalle X chega á súa décima edición, cunha selección dos artistas galegos que pasaron polo Festival nestes dez años de traxectoria ininterrompida. A xornada de clausura terá lugar o venres 27 ás 20.30 h no salón de actos do MARCO, coa performance titulada ‘EL GUARDIÁN’, de Félix Fernández.
O traballo de Félix Fernández céntrase na relación do individuo contemporáneo coa contorna que lle tocou vivir (tempo, espazo, corpo, identidade, realidade socioeconómica, paisaxe, medios de comunicación…) A súa mirada sempre subxectiva busca a complicidade e empatía do espectador. Formalmente inscribe os seus traballos nunha multiplicidade de formatos, dando como resultado híbridos entre foto e performance, espectáculos audiovisuais, instalacións, videocreacions…
O corpo é un elemento fundamental nas súas obras. Nalgunhas delas aparece el mesmo, dotándoas dunha compoñente autobiográfica que, combinada co poder simbólico de obxectos e situacións, dan como resultado unha linguaxe que mestura realidade e ficción a partes iguais.
Descargar todas as imaxes