Escoitar

Caballero felicita ás campionas de España e bronce no Campionato de Europa de taekwondo

O alcalde recibiu este venres a Nerea Alamancos, Isabel Simón e Alba Castro, campionas de Galicia e de España, categoría Trio 1 feminino, na modalidade Poomsaes, ademáis de terceiras no Europeo. As deportistas asistirán ao Campionato do Mundo que se celebra en novembro en Indonesia.

venres, 27 set 2013
1380294704taekwoondo.JPG
O alcalde censurou os "recortes" da Xunta de Galicia, que non ofrece apoio algún ao equipo para competir no Mundial e anunciou que o Concello colaborará coas deportistas para que poidan facelo.
Descargar todas as imaxes