Escoitar

Programación de outono na Bibliteca Municipal Neira Vilas

A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas", sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de outono, para o período outubro-decembro, que inclúe actividades, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as mostras bibliográficas: "SUPERHEROES", do 7 de outubro ao 2 de novembro; "SAMAÍN", do 28 de outubro ao 2 de novembro; "O BO SE BREVE...", do 4 ao 30 de novembro; "DO INCUNABLE AO EBOOK", do 2 ao 30 de decembro; e "NADAL", do 16 de decembro ao 7 de xaneiro.

venres, 27 set 2013
1380271154neiravilas.jpg
Así mesmo, o 24 de outubro celebrarase o Día internacional da Biblioteca, coa participación de Jacobo Fernández, escritor e ilustrador galego, para falar da importancia das bibliotecas na sociedade, actividade dirixida a centros de ensino.

Ademais, teremos as actividades habituais como "Os sabadiños do Roque"; os "Contos Dakí"; o taller "Achégate á Fotografía; o "Obradoiro de Nadal"; "A hora dos contos"; o "Encontro cos escritores", con Fran Bueno e David Rubín; o "Club de lectura"; e "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
Descargar todas as imaxes

Máis información