INFORMACIÓN PÚBLICA EXPEDIENTE DE PETICIÓN DE AUTORIZACIÓN AUTONÓMICA EN SOLO CON RÉXIME URBANÍSTICO DE RÚSTICO
Conforme ao previsto no artigo 41º.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, mediante a inserción deste anuncio nun dos xornais de maior difusión do municipio e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, durante o prazo de 20 DÍAS HÁBILES, que contan dende o seguinte ao da publicación do anuncio no xornal, o expediente núm. 76610/421, iniciado a instancia do Centro de Estudios Martín Códax, polo que solicita autorización autonómica para a ampliación do Centro de Estudios Martín Códax situado na Avenida do Aeroporto nº 742, cunha edificación anexa para cinco aulas. O uso solicitado, ampliación do uso existente é dotacional, clase educativo. A nova edificación ten unha altura de 7,00 ml e unha ocupación de 203,02m2, en solo con réxime urbanístico de rústico no PXOM vixente, con aprobación definitiva parcial mediante Orde da Consellería de Política territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia de data 16/05/08 (anuncio publicado no DOG do 3/06/08 e normativa publicada no BOP nº 151-Anexo de data 6/08/08) e aprobación definitiva mediante Orde do Conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas de data 13/07/09 (anuncio publicado no DOGA do 24/07/09 e normativa publicada no BOP do 10/09/09).
Durante este prazo calquera interesado/a e público en xeral poderán facer as exposicións ou alegacións que estimen procedentes.
O expediente está ao dispor do público e pódese consultar durante as horas de información ao público (de 9:00 a 13:30 h) no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (planta baixa do edificio da Xerencia, situado na praza do Rei en Vigo).