Escoitar

Abel Caballero recolle unha Mención Especial polo Percorrido Sensorial do xardín histórico de Castrelos

O alcalde recibiu o galardón dos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012 de mans da Reina dona Sofía, nun acto no que estivo acompañado polas arquitectas do estudo BMJ, autoras da iniciativa, e do concelleiro Santiago Domínguez.

xoves, 4 out 2012
1349370384sofia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu hoxe en Madrid de mans da Reina dona Sofía a Mención especial dos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012 -na categoría de Educación, formación e sensibilización-, polo Percorrido sensorial polo xardín histórico de Castrelos.

No acto, que tivo lugar no Palacio do Pardo, o rexedor estivo acompañado polas responsables do estudio de arquitectos BMJ, Belinda Besada e Marister Faílde, ademais do concelleiro Santiago Domínguez, -dado que o proxecto desenvolveuse na época do goberno bipartito-.

A distinción valora o esforzo realizado para facilitar as visitas a este xardín de persoas con deficiencias de visión, a través de innovadores procedementos que xogan con estímulos tactis e olfativos cos que se fai posible a percepción dos seus valores". En toda España, o xurado do Premio Europa Nostra 2012 concedeu 3 mencións especiais e 5 medallas.
Descargar todas as imaxes