O Concello organiza o XIX Encontro da Rede de Centros de Documentación de Mulleres
A concelleira de Igualdade, Chus Lago, asistiu hoxe xoves á apertura destas xornadas que acolle Vigo ata mañá, coa participación de Centros de Documentación de Barcelona, Granada, Pamplona, Madrid e Sevilla, entre outros. O programa inclúe conferencias abertas a todos os públicos na Casa Galega da Cultura.
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade que dirixe Chus Lago, organiza hoxe e mañá venres a XIX edición do Encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, cita na que participan 13 sedes de distintas localidades españolas.
Durante a súa intervención, Chus Lago a "importancia" destes centros para a recuperación da memoria e a divulgación do coñecemento sobre a loita pola emancipación das mulleres, un traballo para o que "queda moito por facer". Recordou a concelleira que o de Vigo é o primeiro Centro destas características de Galicia.
As xornadas presentan un programa interno de análise e avaliación dos acordos adoptados na anterior edición do Encontro e para conclusións e propostas de futuro, entre outras cuestións, actividades que compleméntanse con conferencias abertas a todos os públicos na tarde deste xoves, como a presentación da Rede de Centros de Documentación en Dereitos das Mulleres de Centroamérica, ás 17 horas; a da portuguesa Biblioteca da Comisión para a Cidadanía e Igualdade de Xénero, ás 18 horas; e a recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista organizado en Galicia.
Descargar todas as imaxes