Escoitar

O alcalde defende a posición de Vigo como cidade da "economía, da investigación e do emprego"

Abel Caballero degranou esta mañá as necesidades do presente e do futuro da cidade de Vigo nunha conferencia enmarcada no Forum Europa. Diante dun nutrido grupo de representantes empresariais, sindicais e axentes sociais, Cabellero reivindicou Vigo como a "cidade da economía, da investigación e do emprego". A presentación do seu relatorio correu a cargo do secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

mércores, 3 out 2012
1349269306forum.JPG
Abel Caballero abogou esta mañá pola desaparición deputacións, unhas institucións "obsoletas" que permitan darlle aos concellos grandes o peso que merecen. Esta reforma, así como a necesidade de redefinir as competenicas das comunidades autónomas son algunhas das conclusións que se desprenden da intervención do alcalde no Forum Europa no que participou esta mañá no Pazo dos Escudos.

Presentando polo secretario xeral dos socialistas, Caballero referiuse á situación que atravesan os sectores da automoción, do naval, da pesca e do granito para pedir ao Goberno Central e Autonómico outra política industrial que permita a Vigo seguir sendo " a cidade da economía, da investigación e a do emprego". Destacou os máis de 7 millóns de euros que inviste o Concello en plans de emprego directo, aos que se hai que sumar as políticas keynessians, ou as aportacións en materia educativa, como as bolsas de inglés. Recalcou o esforzo do Concello nestas materias, a pesar de que as competencias recaen na Xunta de Galicia.

Aludiu durante o seu discurso ao "Vigo da competitividade" punto no que citou a necesidade de seguir apostando polas grandes infraestruturas: aeroporto, AVE e nova estación. Respecto do AVE, aceptou posibles modificación nas datas porque "ao facer as previsións cun estado da economía os cambios da situación financeira poden acarrear retrasos". O importante, precisou, e que "permanezan e non se paren". Con respecto a Peinador, demandou máis vóos e rutas e cualificou o seu crecemento, así como a chegada do AVE, como "irrenunciables". Neste punto, agradeceu o compromiso da actual titular de Fomento, que segue os pasos do seu antecesor, José Blanco. Alabou o éxito da conexión aérea con Londres, promovida polo Goberno local, e esixiu que a terminal de Vigo conte "coas mesmas ventaxas" que o seu principal competidor, Oporto.

Durante a súa intervención lamentou a "ocasión perdida" que supuxo a aprobación da Lei de Area Metropolitana de Vigo e avanzou que, tras as eleccións, remitirá unha proposta "para que a comarca poida dispoñer dunha administración do século XXI liderada por Vigo".




Descargar todas as imaxes