Escoitar

Caballero recibiu ás arquitectas do premiado xardín sensorial de Castrelos

O alcalde de Vigo entrevistouse hoxe mércores coas responsables do estudo de arquitectura BMJ, encargadas de elaborar o proxecto municipal para mellorar a experiencia dos discapacitados visuais nos xardíns do Pazo Quiñones de León. Esta iniciativa foi galardonada coa Mención Especial nos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012, premio que recollerá Caballero mañá en Madrid.

mércores, 3 out 2012
1349265528jardin.JPG
Este proxecto foi encargado no anterior mandato e inaugurado en marzo de 2011, o galardón será entregado pola Reina Dona Sofía no Palacio do Pardo e recollido mañá xoves polo alcalde e as dúas arquitectas responsables.
Descargar todas as imaxes