O alcalde defende que Conxemar actúa como unha gran bandeira da unidade do mundo<br /> <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na inauguración da décimo cuarta edición da Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados, que abre as súas portas con case que medio millar de expositores representando a máis de trinta países. <br />
Abel Caballero indicou na súa intervención que a través da economía lábrase o progreso e créase emprego e apuntou que Vigo leva anos facendo economía a través de Conxemar.
Conxemar, que pechará o próximo xoves, pretende nesta edición consolidarse como referencial mundial do sector nunha edición marcada pola crise e pola competencia da nova mostra Seafood de Barcelona, un certame de similares características a celebrarse só quince días despois. A este respecto, o alcalde recalcou que non é bo que ninguén intente romper ás regras do mercado a través de axudas que responden á deslealdade: "queremos que aquí siga a primar a eficiencia e a eficacia", concluíu.
As cifras que presenta a edición 2012 da feira viguesa reflicten a total ocupación dos 30.000 metros cadrados que oferta o recinto dispoñible, 475 expositores de 33 países, entre os que destaca a novidosa presencia de China. A organización do certame prevé unha asistencia similar á do pasado ano, cando se sumaron 25.000 asistentes de case que un centenar de países.
Como xa avanzara o propio alcalde días atrás, tras manter unha reunión coa dirección de Conxemar, o Concello de Vigo colabora co certame vigués mediante unha achega municipal de case que 40.000 euros para un stand de Turismo de Vigo -instalado nos accesos do recinto feiral-, visitas guiadas, bus turístico, visitas teatralizadas, visitas pola ría e visitas a Cíes. Trátase dun proxecto de divulgación de Vigo no marco de Conxemar, para o que tamén se imprimiron guías e planos nos que incluíuse un listado de locais que fan descontos aos participantes da feira acreditados.
Abel Caballero avanzara tamén que goberno local e Conxemar estudarán a sinatura dun convenio que permita ter en conta este evento dentro de futuros plans de emprego muncipais para facilitar apoio constante desde o Concello, axudando así a paliar a competencia de Barcelona dado o papel "clave" que xoga Conxemar na xeración de emprego na cidade.
Descargar todas as imaxes