Escoitar

O goberno local incorpora 17 traballadores durante 6 meses para a limpeza de praias

Dezasete persoas traballarán desde hoxe luns para a posta a punto dos arenais da cidade, segundo explicou hoxe luns o rexedor. Estes empregados proceden de listas de oposicións e terán un contrato de seis meses.

luns, 14 mai 2012
1337000968playa.JPG
Un total de 17 persoas iniciaron hoxe luns o seu traballo de posta a punto dos arenais de Vigo de cara ao verán. Todas elas proceden de listas de oposicións ao Concello e terán un contrato de seis meses. Concretamente, contrátase a 3 oficiais conductores, 4 oficiais desbrozadores e 10 axudantes de oficios, cun investimento de 182.000 euros.

O rexedor, que hoxe recibiu a estes traballadores para darlles á benvida ao Concello, avanzou que os departamentos de Fomento, Medio Ambiente, Parques e a propia Policía Local xa puxeron en marcha as inicaitivas propias da tempada de verán, e lembrou que xa "estamos coa licitación de kioscos".
Descargar todas as imaxes