Escoitar

Selección para a provisión dun conservador para o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo

En execución da base V da "Convocatoria para a provisión dun Conservador para o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo por contrato relevo" por xubilación parcial do titular do posto, atópase publicado na páxina Web do Concello de Vigo (www.vigo.org), no Taboleiro de Edictos do Concello de Vigo e no Taboleiro de Anuncios do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, o anuncio de Resolución da Presidencia, que contén a composición do órgano de selección, a relación de admitidos e excluídos e as causas de exclusión, así como o lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio da oposición.

venres, 11 mai 2012