O Concello pon en marcha un sistema intelixente de detección de fugas de auga
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou hoxe xoves a importancia de atender as fugas de auga porque "aforra cartos e fai a cidade sostible". Así o explicou esta mañá en Aqualia, durante a presentación do Plan Sistemático de Análise de Redes nas instalacións da empresa concesionaria, Aqualia.
O alcalde de Vigo felicitou hoxe xoves aos responsables de Aqualia, empresa concesionaria do servizo municipal de augas de Vigo, durante a a presentación dun sistema de detección de fugas intelixente que permite un aforro de auga "importantísimo". Destacou que non atender as fugas pode supoñer desperdiciar ata un 20% de caudal, enfatizando que o desenvolvemento desta tecnoloxía xera eficiencia no subministro de auga o que significa "aforro de cartos e facer unha cidade sostible". Durante a presentación do Plan Sistemático de Análise de Redes, na que estivo acompañado por responsables da empresa e polo concelleiro de Fomento, David Regades, o rexedor apuntou a renovación de redes de saneamento acometida coas humanizacións como un dos elementos que contribúen a aforrar auga.
O plan deseñado por Aqualia basease nun sistema de prelocalización de fugas que permite unha optimización dos recursos, ofrece seguridade e calidade no servizo e supón un compromiso co medio ambiente ao permitir unha xestión sostible dos recursos hídricos dispoñibles.
O sistema de prelocalización de fugas supón un avance tecnolóxico importante na metodoloxía empregada ata o momento baseada nun inicio en métodos acústicos e posteriormente na detección de fugas por correlación. Según José María Ardoy, Director de Aqualia Vigo "a nosa compañía está en constante movemento, buscamos e adquirimos novidosos sistemas que nos permitan ofrecer o mellor servizo á cidade. Este sistema ratifica o noso compromiso con Vigo, non só queremos prestar o servizo, queremos facelo coa tecnoloxía máis avanzada dispoñible no mercado e incorporando todo tipo de melloras que redunden no beneficio de nosos usuarios". Ardoy destacou ademais que "este novidoso sistema é fundamental en momentos como o actual para evitar desperdiciar auga e ademais axúdanos a realizar unha xestión sostible dos recursos".
Aforro de custes, tempo e recursos
O sistema de detección de fugas intelixente consiste na instalación de sensores ao longo da rede que monitorizan o caudal de auga. Os aparatos, provistos dun sistema intelixente, con independencia da presión e o material da tubaría, alertan das fugas en tempo real, vía SMS.
Ademais, o sistema permite realizar lecturas detalladas dos medidores. Unha patrulla rápida asistida con navegador GPS a través da telelectura é capaz de recoller en minutos todos os datos monitorizados polos sensores. Esta información permite unha análise de datos avanzada para garantir o bo funcionamento do estado da rede.
Este sistema únese ás actuacións realizadas na cidade nos últimos anos co obxectivo de reducir de forma significativa os consumos. Iniciativas como a automatización e redución de presións nocturnas, colocación de contadores en edificios municipais, sectorización da rede de abastecemento, telecontrol ou análise da rede de abastecemento permitiron descender o consumo, así como as campañas de consumo responsable.
Aqualia
É a sociedade cabeceira para a actividade de auga de FCC, un dos primeiros grupos europeos de servizos cidadáns. A 3ª empresa de Xestión da Auga do mundo, está presente en máis de 1.100 municipios cunha poboación atendida superior aos 28.000.000 de habitantes dos que máis da metade atópanse fora de España. Na actualidade, traballa en 17 países como Portugal, República Checa, Italia, Exipto, Alxeria, China ou México entre outros.
Descargar todas as imaxes