O alcalde anima aos rapaces do Correlingua 2012 a usar o galego para facer "cultura e territorio"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, deron hoxe xoves a saída á décimo terceira edición do Correlingua, no que participan centos de nenos e nenas da área viguesa nun traxecto desde a Praza do Rei ata Castrelos.
Abel Caballero, quen saudou aos participantes e deu a saída do evento, recordoulles que "pensando e falando en galego faise cultura, faise territorio", tras o que animou a todos a transmitir o "amor e dedicación" da cidadanía viguesa á lingua galega. O alcalde felicitou á organización pola décimo terceira edición do Correlingua -iniciada no 2000- e aseverou que "Vigo escríbese en galego".
Segundo a planificación prevista, os escolares sairon da Praza do Rei ás 11 horas desta mañá, chegando ao parque de Castrelos ás 12 horas, percorrendo a Avenida das Camelias, Praza de América e a Avenida de Castrelos.
Descargar todas as imaxes