Escoitar

Caballero aboga por mecanismos xurídicos e políticos para "frear" a lei de Área Metropolitana

Abel Caballero mantivo hoxe venres un encontro con diferentes asociacións do ámbito deportivo para analizar a lei de Area Metropolitana. Esta reunión enmárcase dentro da rolda de contactos que o rexedor está a manter con distintos colectivos para intercambiar opinións sobre o alcance desta norma legal na cidade.

venres, 11 mai 2012
1336737905am.jpg
Dentro da rolda de contactos que o rexedor de Vigo está a manter para intercambiar opinións sobre a lei de Área Metropolitana, hoxe venres mantivo un encontro con representantes do ámbito deportivo. Concretamente, reuniuse con responsables das entidades Vigo en xogo, Asociación de fútbol aficionado, Club Ciclista Ría de Vigo e Club Fútbol Coruxo.

Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, estes colectivos, como os anteriores cos que se reuniu, transmitíronlle a súa preocupación polo alcance desta lei na cidade e amosáronlle a súa disponibilidade para formar parte dunha movilización social que saia a rúa "para frear esta agresión" que Caballero cualificou peor que "o expolio a Caixanova". En todo caso, Caballero abogou por mecanismos xurídicos e políticos "para parar esta agresión a Vigo".
Descargar todas as imaxes