O Concello amplía ata once a oferta de quioscos de praia entre o 1 de xuño e o 30 de setembro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou dos asuntos abordados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou hoxe venres os pregos de cláusulas administrativas para a instalación e explotación de servizos nas praias de Vigo. A oferta amplíase ata once quioscos distribuidos en oito arenais da cidade.
O alcalde de Vigo informou de que a Xunta Local de Goberno deu luz verde esta mañá aos pregos de cláusulas administrativas para a instalación e explotación de servizos de tempada nas praias de Vigo. Cunha concesión dun ano e un período de autorización entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, os adxudicados farán a limpeza dos servizos hixiénicos municipais, públicos e gratuítos.
Na sesión desta mañá deuse luz verde a 6 quioscos en catro praias, destacando a presenza, por primeira vez da Etea, a petición dos propios veciños. Os arenais son, ademais do da Etea, A Punta, O Vao, Santa Baia (Alcabre) e Tombo do Gato. Segundo indicou o rexedor, tamén se procederá a prorrogar a adxudicación doutros cinco kioscos por un ano máis: 3 en Samil, 1 na Argazada e outro en Tombo do Gato. En total a oferta de kioscos para esta tempada estival amplíase a 11 e os interesados dispoñen de 8 días para presentar as súas ofertas.
Durante a rolda de prensa, Caballero lembrou que as autorizacións de instalacións as concede Costas e a Consellería de Medio Ambiente e, unha vez recibidas, o Concello procede a iniciar a tramitación.
Inventario municipal
Na sesión da Xunta local de Goberno desta mañá tamén se adxudicou a contratación do servizo de comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de bens e dereitos, cun orzamento de 402.000 euros e un prazo de execución de dous anos. O obxectivo é, segundo o rexedor, acadar unha mellor xestión do patrimonio municipal.
Xerencia de Urbanismo
Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo desta mañá deu 21 licenzas de obras e 5 de actividade para un investimento de 945.721 euros.
Descargar todas as imaxes