Escoitar

Educación programa 36 sesións de teatro en inglés para escolares

Theatre in english comezou onte no Colexio Público García Barbón e está previsto que participen máis de 5.000 escolares vigueses, que asistirán tanto nos seus propios Colexios como no Auditorio Helios de Bembrive a 5 obras especialmente pensadas para o seu uso didáctivo. Así o presentou hoxe martes a concelleira de Educación, Laura López Atrio.

martes, 21 out 2008
1224591460laura.JPG
Dentro do Programa municipal de achegamento ao idioma inglés, Aulas Internacionais-Vigo activities, a Concellería de Educación do Concello de Vigo organiza unha serie de sesións de teatro profesional en inglés dirixidas especialmente a escolares. O programa, que deu comezo onte luns no Colexio Público García Barbón, consta de dúas grandes actuacións:

En 30 Centros de Ensino e dirixido aos estudiantes de 1º e 2º de Primaria, a compañía Clever Pants (www.clever-pants.com) porá en escea "Tall Tales" e, dirixida ao alumnado de 4º a 6º de primaria, a mesma compañía desenvolverá a obra "Robin Hood".

No Auditorio Helios de Bembrive, os días 10 e 28 de novembro e o 5 de decembro, serán tres compañías de teatro en inglés as que ofrecerán as súas obras aos escolares con dous pases diarios. Dúas obras, "Treasure island" (a cargo de The new performers) e The great Milagrovski" (posta en escea de Firewalk theatre productions ), van dirixidas ao alumnado de 3º a 6º de primaria, mentres que para os máis pequenos de 1º a 4º de primaria, a compañía Let´s play Theatre (www.einadescola.com) representará "The wizard of Oz, esta vez en versión bilingüe castelán-inglés.

Cada representación conta cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.
Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor docente por supor un factor extra de motivación nos discentes na aprendizaxe desta lingua.
Con este programa, a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación do estudiantado en lingoa inglesa que deu comezo no curso 2007-2008 con diversas actuacións e programas como Clases de conversa en inglés nos centros de ensino, teatro e itinerarios en inglés e, recentemente, o Programa de inmersión en lingoa inglesa, que vén de rematar coa estancia de tres semanas, en réxime de inmersión en centros educativos de Irlanda e Reino Unido, de 100 escolares vigueses de 4º de primaria.


Theatre in english en cifras

Nos Centros de Ensino:
20 centros participantes
17 funciones "Tall Tales" para un total de 1.762 escolares de 1º a 3º de primaria
13 funciones "Robin Hood" para un total de 1.337 escolares de 4º a 6º de primaria
30 funciones para un total de 3.099 escolares de educación primaria

No Auditorio Helios de Bembrive:
6 funcións de teatro, 3 compañías, 3 obras, para 2.400 escolares de 1º a 6º de primaria.

Documentación que se achega:
Folleto divulgativo da actividade (arquivo adxunto)
Calendario de representación en Centros Educativos.
Material didáctico das obras que se representarán. (arquivos adxuntos)

Máis información en www.vigo.org
Descargar todas as imaxes