Escoitar

A auga que aforrou Vigo en 2007 abastecería a Vilagarcía durante todo un ano

A concelleira de Vías e Obras do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, presentou este martes as diferentes actuacións levadas a cabo na rede municipal para reducir o consumo de auga na cidade. Os 2,5 millóns de metros cúbicos de auga aforrados o pasado ano en Vigo abastecerían a un municipio de 34.000 habitantes durante todo un ano, salientou a edil.

martes, 21 out 2008
1224592698Isaura.JPG
Vigo reduciu o seu consumo de auga en máis de 2,5 millóns de m³, o suficiente para abastecer durante un ano a unha cidade de 34.000 habitantes, un municipio equivalente a Vilagarcía. Estes son os resultados das actuacións realizadas na rede municipal para moderar o consumo, que foron presentados este martes pola concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, e a concesionaria del Servizo Municipal de Auga, aqualia.

Esta optimización do consumo de auga débese fundamentalmente a dúas actuacións levadas a cabo polo Concello e aqualia; a automatización e redución de presións nocturnas e a colocación de contadores en edificios municipais.

Para a redución de presións nocturnas colocouse un sistema que permite que aumente a presión durante as horas nas que os cidadáns demandan máis caudal, e en horario nocturno, cando descende o consumo, a reduzan. Deste xeito diminúese o número de roturas e perdas de auga na rede de abastecemento.

A segunda iniciativa consistiu en colocar contadores nos edificios municipais da cidade, instalacións que dispoñen de auga de balde. Nos casos nos que se detecta un consumo excesivo intervense para optimizar o consumo e evitar o malgaste deste recurso. Como por exemplo no caso do Estanque do Parque de Castrelos no que se conseguiu un aforro de máis de 100.000 m3/ano.

Ambas actuacións están en marcha e en fase de mellora, o que está permitindo unha redución do 2% do consumo de auga durante este ano 2008. Isto supón que si se continúa na mesma proporción a cidade alcanzará unha redución adicional de 700.000 m3/ano, é dicir 3,2 millóns de m3 respecto a 2006.

A Concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas resaltou que "me satisface anunciar que estamos poñendo en marcha medidas que están sendo eficaces no noso compromiso co entorno. Sen embargo é importante sinalar que este aforro no consumo de auga no só é froito das actuacións que presentamos hoxe senón que tamén é gracias aos cidadáns. A contribución que realizaron os vigueses, reducindo os consumos nas súas casas, axudou a acadar estes resultados".

Control da cidade por sectores
Co obxectivo de mellorar o control hidráulico de Vigo púxose en marcha un proxecto para instalar sistemas de control da auga en diferentes puntos da rede de abastecemento. Según explica José Luis García Ibáñez, Director Rexional de aqualia, "Considerouse conveniente plantexar a execución dun proxecto no que se contempla a instalación dunha serie de equipos de medida e control a situar en puntos previamente definidos na rede.O obxectivo é establecer unha división en zonas que se poidan controlar por separado, de tal xeito que non se produzan diferenzas substanciais coa situación de partida que alteren as condicións de suministro ao abonado".

Para a execución desta actuación, dividiuse a cidade en 11 sectores independentes para controlar por separado o abastecemento da auga. Cada sector divídese a súa vez en catro subsectores, e deste xeito é posible garantir o suministro axeitado ao consumidor.
Descargar todas as imaxes