Escoitar

A mostra "Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Vigo" inaugúrase mañá no Museo Quiñones de León

A sala de exposicións temporais do Museo Municipal Quiñones de León acolle dende mañá, 22 de outubro, a mostra "Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Vigo", na que os visitantes poderán coñecer polo miúdo o labor que na cidade desenvolveron os enxeñeiros de camiños, canles e portos durante o último século. A exposición poderá visitarse de martes a sábados de 17 a 20 horas e os domingos e festivos de 10 a 13.30 horas ata o día 23 de novembro.

martes, 21 out 2008
1224593506uno.jpg
Anteproxecto de mellora do Porto de Vigo. Eduardo Cabello
A exposición amosará o papel xogado polos enxeñeiros de camiños, canles e portos no desenvolvemento de Vigo durante os últimos cen anos, coincidindo coa celebración na cidade do primeiro congreso internacional de Enxeñeiría Civil e Territorio, Galicia - Norte de Portugal. Poderase coñecer o traballo de enxeñeiros eficaces e discretos como Elduayen, ou visionarios como Eduardo Cabello, que foron pezas clave na transformación de Vigo ata convertela na cidade máis grande de Galiza que na actualidade. Persoas formadas e meticulosas como Ramiro Pascual ou Manuel de Cominges crearon os primeiros plans de ordenación urbana, os cales marcaron o urbanismo da cidade durante máis de seis décadas.

Do proxecto da Nova Poboación aos Plans Xerais do Porto de Manuel Espárrago, pasaron máis de 100 anos e nese tempo o labor dos enxeñeiros de camiños, canles e portos en Vigo foi intenso. A primeira sala da exposición está adicada a José de Elduayen e A Nova Poboación; a segunda a Eduardo Cabello e a planificación portuaria; a terceira a Ramiro Pascual e o abastecemento de Vigo; a cuarte a Manuel de Cominges e os plans de aliñacións; a quinta a Manuel Espárrago, o porto e o desenvolvemento de Vigo; e finalmente, na sexta proxectarase un audiovisual explicativo.
1224593506uno.jpg
1224593526dos.jpg
Descargar todas as imaxes