mércores, 28 abr 2021
A Corporación Municipal aprobou na sesión do mes de abril celebrada este mércores o Instrumento de Ordenación Provisional no ámbito do Polígono 32 do PERI IV-04 Calvario cos votos de PSOE e PP e a abstención do grupo mixto e do concelleiro non adscrito.
mércores, 28 abr 2021
O concelleiro de Facenda deu conta do informe trimestral na sesión plenaria deste mércores. Jaime Aneiros afirmou que a media dos entes locais en España ascende a 83 días e recordou que o prazo ascendía a case tres meses antes da chegada de Abel Caballero á Alcaldía.
mércores, 28 abr 2021
O Goberno local defendeu a necesidade de transformar a zona de Beiramar soterrando o viario e favorecendo a calidade arquitectónica dos proxectos da zona. Tal e como explicou a concelleira de Urbanismo, hai que xerar espazos de socialización compatibles co acceso e funcionalidade da Autoridade Portuaria.
mércores, 28 abr 2021
A moción socialista recolle a necesidade de que o goberno autonómico dote aos xulgados de instrución dos medios persoais e materiais axeitados e necesarios, rematando a discriminación histórica respecto ao resto de partidos xudiciais do Estado de similares características, que xa teñen implantado este sistema.
mércores, 28 abr 2021
Coa única oposición do Partido Popular, na sesión plenaria desta mañá deuse luz verde a unha moción que reclama a normalización da atención primaria presencial nos centros de saúde, con reforzo de medios humanos e materiais, se fora preciso.
mércores, 28 abr 2021
Todos os concelleiros e concelleiras apoiaron a petición, promovida pola asociación “Jubilación anticipada sin penalizar”, que solicita das Cortes Xerais e do Goberno de España unha modificación lexislativa que exclúa ao colectivo dos coeficientes redutores no cómputo da paga.
mércores, 28 abr 2021
A concelleira de Política de Benestar, Yolanda Aguiar, deu lectura ao manifesto na sesión plenaria deste mércores, por delegación da Fundación Secretariado Xitano Galicia. O Día Internacional do Pobo Xitano celebrouse o pasado 8 de abril.