luns, 26 abr 2021
O goberno de Vigo prevé aprobar inicialmente este verán o novo Plan Xeral, documento que non recollerá unha ampliación do polígono. A área permanecerá como residencial, sen afección ás vivendas. Ademais, Caballero recordou que A Sobreira seguirá sendo zona verde: “Hai tempo que a descartamos totalmente como zona industrial”.
luns, 26 abr 2021
O alcalde solicitou unha vez máis a gratuidade do aparcamento do hospital Álvaro Cunqueiro nun momento no que a situación sanitaria converte esta medida en máis necesaria que nunca. Outro dos asuntos que reclamou o rexedor é a cesión do 15% dos fondos que a Xunta recibiu do Goberno de España e de Europa.
luns, 26 abr 2021
Abel Caballero achegouse este luns ao novo espazo que vén de abrir a entidade bancaria na rúa do Príncipe onde amais ofrecer solucións financeiras é posible degustar un café elaborado por baristas profesionais e gozar de espazos de coworking e salas de reunións, dispoñibles para todo o público. O rexedor valorou a “idea soberbia, de modernidade e socialización” que supón o “Work Café Vigo”, o primeiro do banco Santander en Galicia, que lle presentou o director deste novo concepto de banco Miguel Queiruga Triñanes.