O Concello ilumina as fontes de Aragón polo Día da Fibrose Quística
Vigo súmase á conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra o 28 de abril, iluminando de verde (a fonte central) e de laranxa (as laterais) as fontes da rúa Aragón na noite deste martes, día 27. O alcalde explicou que o goberno municipal “está encantado” de atender así a petición da Asociación Galega de Fibrose Quística para visibilizar a enfermidade.
Descargar todas as imaxes