luns, 14 decembro 2015

O Concello abre este venres un Circo de Nadal especial polo vixésimo aniversario de La Fiesta Escénica

luns, 14 dec 2015

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e a edil de Festas, Laura Iglesias, presentaron este luns xunto ao responsable de La Fiesta Escénica, Abel Martín, o Circo de Nadal, que por quinto ano consecutivo acolle a cidade de Vigo dentro da programación municipal. O espectáculo, de dúas horas de duración, arranca este venres en Coia co principal atractivo dos osos animatrónicos e artistas internacionais de renome.

O alcalde valora a ampliación da fibra óptica de Telefónica e pide que chegue a todo Vigo

luns, 14 dec 2015

Abel Caballero estimou positivamente que a empresa expanda a fibra óptica ao 86% da poboación de Vigo e instou a Telefónica a levala a todos os vigueses e viguesas. O alcalde, quen recibiu este luns ao director da empresa en Galicia, Manuel Alonso, indicou que a cobertura de fibra está a ser "moi importante" na cidade, tanto por esta como por outras compañías que prestan este servizo.