Caballero constata o "acordo total" dos alcaldes de Ponteareas e Salceda coa Área Metropolitana
O alcalde de Vigo recibiu este luns aos seus homólogos de Ponteareas e Salceda, Xosé Represas e Marcos Besada, respectivamente, quen manifestaron a súa conformidade co Proxecto de Lei do ente supramunicipal, cos pasos a seguir e coa gobernanza co voto ponderado, amais concordan na necesidade de que o transporte metropolitano sexa asumido pola Xunta de Galicia.
O rexedor de Ponteareas, Xosé Represas, e o de Salceda de Caselas, Marcos Besada, mantiveron senllos encontros con Abel Caballero esta mañá dos que sae un "acordo total" sobre o Proxecto de Lei da Área Metropolitana "que estamos dispostos a aprobar, compartimos as liñas do que hai que facer e a gobernanza co voto ponderado que houbo sempre e que foi cambiado por Feijóo". Os rexedores comparten a idea de que a entrada en vigor das competencias debe facerse de forma paulatina e que esta debe ser unha decisión do propio ente ademais, dixo Caballero, "queremos que todas as transferencias veñan coa súa dotación económica, que non teña que achegar recursos a Área para transferencias cedidas pola Xunta e queremos decidir nós a Área, que non decidan por nós".
Amais destes puntos de encontro, os tres rexedores coinciden na urxencia da entrada en funcionamento da Área e, neste sentido, Caballero sinalou que "estamos fraguando un acordo tácito: que se constitúa a área de 14 de forma inmediata e que a primeira decisión que tomemos sexa a ampliación a 20 concellos". En canto ao transporte metropolitano, houbo conformidade no seu carácter interurbano e "queremos que a Xunta o financie porque é quen ten que financialo da forma que corresponde".
Estas dúas reunións súmanse ás celebradas cos alcaldes e alcaldesas de Nigrán, Porriño, Gondomar, Tui, A Guarda, Vilaboa, Mondariz e Fornelos de Montes e, á espera das que manterá mañá, o rexedor vigués adianta que serven para confirmar que "alcaldes e alcaldesas do 86% da poboación compartimos na súa totalidade o proxecto da Área Metropolitana e se algún quere reunirse comigo estarei encantado de recibilo".
En canto ao contido da Lei, o rexedor quixo facer fincapé na representación que prevé para os concellos que a constitúan sinalando que é "moi xenerosa" con algunhas formacións políticas "pero querémola igual e querémola xa", xa que, segundo explicou, na Área de 14 municipios onde o PSOE suma 94.000 votos e o PP 65.000, a representación quedaría con 21 e 23 conselleiros respectivamente e, na Área de 20 concellos, o PSOE suma 102.000 votos e o PP 76.000 e quedarían representados con 25 e 27 conselleiros no ente supramunicipal.