xoves, 17 decembro 2015

O alcalde salienta a pronta iniciativa municipal na tramitación do novo PXOM

A Xunta de Goberno Local e o Consello da Xerencia de Urbanismo deron o visto bo este xoves á elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de maneira que se inicia un proceso que, para Abel Caballero, será "excepcionalmente breve". O rexedor demandou da Xunta de Galicia solucións para a ampliación de Citroen, para a Cidade da Xustiza e para a ampliación do Parque Tecnolóxico de Valadares.

Actividades de Nadal "No Nadal... un conto"

xoves, 17 dec 2015

O servizo de Normalización Lingüística ven de presentar unha nova edición do programa "No Nadal... un conto". Dende o vindeiro 18 de decembro até o 5 de xaneiro este programa levará unha chea de actividades dirixidas ao público familiar e infantil por distintos lugares do municipio.