Escoitar

Caballero eloxia o Petisquiño como unha "mostra excepcional da gastronomía de Vigo"

O Concurso de Tapas de Vigo, o Petisquiño, pechou hoxe xoves a súa segunda edición coa entrega de premios, acto no que participou o alcalde de Vigo. Caballero asegurou que o certame pon en valor a hostalería viguesa, un sector "tan importante no emprego e na xeración de valor engadido e de cultura gastronómica".

xoves, 17 dec 2015
1450359912tapas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na entrega de premios do II Concurso de Tapas de Vigo – Petisquiño 2015, no que tomaron parte entre o 5 e o 22 de novemebro máis de 60 establecementos vigueses, que distribuiron máis de 8.000 racións.

Abel Caballero avogou por desenvolver o sector da hostelería como "piar central da economía da cidade", vencellando turismo e gastronomía como oferta de "calidade". O rexedor ve no Petisquiño "unha mostra excepcional da gastronomía de Vigo e da forma de facer turismo", de "trazar un futuro" para un ámbito "tan importante no emprego e na xeración de valor engadido e de cultura gastronómica".

Organizado pola Federación Provincial de Hostelería coa colaboración do Concello de Vigo, o Petisquiño entregou premios á mellor tapa (á que acumulou mellor puntuación, combinando as valoracións dos consumidores en canto a calidade/prezo, a presentación e ao sabor, cunha mención para os 4 finalistas), ao mellor maridaxe con Mahou (en base ás votacións dos participantes), á tapa máis popular e tres galardóns especiais: á máis riquiña do mar, á máis enxebre e á máis innovadora.

Petisquiño 2015 é "unha mostra excepcional da gastronomía de Vigo e da forma de facer turismo", de trazar un futuro para este sector "tan importante no emprego e na xeración de valor engadido e de cultura gastronómica". Desenvolver esta parte da economía como "piar central da economía da cidade", o turismo e a gastronomía por ser "calidade".

Os obxectivos do evento pasaron por dinamizar a hostalería viguesa, incentivar ao consumidor cunha proposta de tapear por toda a cidade e promover a calidade na hostelería dando visibilidade ás mellores propostas culinarias. Os vencedores pasan á final do campionato provincial xunto aos gañadores doutros concursos locais. Entre o público participante sorteouse unha experiencia gastronómica para dous persoas, entre outros premios.
Descargar todas as imaxes