venres, 18 decembro 2015

O Pleno aproba por unanimidade a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal

Os votos a favor dos tres grupos que conforman a Corporación Municipal deron luz verde á tramitación dun novo PXOM na sesión extraordinaria e urxente do Pleno celebrado este venres. O alcalde sinala que o goberno local rexistrou este luns día 14 de decembro a solicitude dos informes necesarios para iniciar a tramitación ante a Xunta de Galicia, o Goberno de España e a Deputación de Pontevedra.

Caballero felicitou aos representantes de comercio "porque lle poñen alma e rostro á economía"

venres, 18 dec 2015

O alcalde de Vigo participou esta mañá na ofrenda floral que realizou a Asociación Sindical de Representantes de Comercio aos compañeiros falecidos. Durante o acto, Caballero transmitíulles o seu recoñecemento porque "lle poñen alma e rostro á economía". Logo de agradecerlles a súa "dedicación e cercanía", participou na entrega dos diplomas e insignias de prata e ouro, en recoñecemento a súa labor profesional.

Medidas de tráfico por obras

venres, 18 dec 2015

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento, en horario nocturno (23:00 a 05:00), do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A , estará pechado ao tráfico o túnel BEIRAMAR, dende o 21/12/2015 ás 23:00 horas até o 23/12/2015 ás 05:00 horas . 21/12 (lado terra), 22/12 (lado mar).<br />

Personal

venres, 18 dec 2015

Comunícase a tódolos/as aspirantes ás probas selectivas para as seguintes prazas vacantes e incluídas na oferta de emprego público do ano 2010-2011 (segunda fase), que as datas de comezo do primeiro exercicio e os lugares de realización serán os seguintes: