Nova fase de construcción do aparcadoiro de Urzaiz
Autobuses e taxis utilizarán Cervantes para descender ata Uruguay.
Autobuses e taxis utilizarán Cervantes para descender ata Uruguay.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e o director técnico do Plan, Lois Cea, presentaron as IV Xornadas do Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións que se desenvolverán na Facultade de Ciencias os días 8 e 9 de maio. Os profesionais e persoas interesadas dispoñen dun sitio web para consulta e intercambio de documentación.
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Martínez Corbalán, presentou as actividades para todas as idades previstas para os meses de maio e xuño destinadas a fomentar o uso do galego. Obradoiros, xogos, mesas redondas e exposicións son algúns dos actos programados.
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a terceira edición do ciclo de interpretes novos co nome "Xeración 200+3" co que se pretende darlle oportunidade ás novas xeracións de músicos e compositores. O ciclo conta coa colaboración da Fundación CaixaGalicia e realizarse baixo a dirección de Roberto Relova.
A Concellería de Xuventude colabora co programa "Ponte nas ondas", no que participarán máis de 1.000 alumnos a través de sete estudios radiofónicos.
O alcalde, Lois Castrillo, será o presidente de honra da fundación que rexerá a nova dotación museística situada en Alcabre dedicada á cultura marítima.
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a 25 edición do medio maratón popular que se celebrará o 18 de maio a partir das 10:30 horas.
A xuntanza celebrarase a partir das dez de mañá co seguinte orde do día: