xoves, 8 mai 2003
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou os proxectos de urbanización das rúas Gandarón e Severino Cobas. Simultaneamente solicitouse á Xunta a declaración de urxente ocupación dos terreos que é preciso expropiar para executar a mellora destes dous viais.
xoves, 8 mai 2003
A prestixiosa mostra de cinema dixital celébrase por primeira vez en España, con actos simultáneos en Madrid, Barcelona, Vitoria e Vigo. O concelleiro de Cultura, Carlos González Príncipe, e a directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentaron o programa de proxeccións que se inicia no Marco o 9 de maio.
xoves, 8 mai 2003
A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, visitou o Centro de Atención Municipal de Coruxo que está en funcionamento dende hai uns días no edificio da antiga estación do tranvía (Avda. Ricardo Mella, 296), e co horario de luns a venres de 9 a 13 horas, e os sábados de 9 a 12 horas.
xoves, 8 mai 2003
O concelleiro de Sanidade e Consumo, Santiago Domínguez, anunciou que a próxima semana comezará o pago das indemnizacións ós asistentes á festa de fin de ano 2000 no Hotel Samil. O Concello presentara unha demanda xudicial en defensa dos dereitos dos asistentes á devandita festa, que se sentiron estafados pola organización.
xoves, 8 mai 2003
A Concellería dos Servicios Electromecánicos comezou as obras de mellora da iluminación na praza de España coa instalación do cableado e a colocación das columnas para finalmente poñer as luminarias. O custo total desta obra é de 60.101 euros.
xoves, 8 mai 2003
A festa inicial do programa de dinamización lingüística ¿Xogas?, en galego podemos celebrarase o venres 9 de maio ás 18:00 na praza do Rei. Os nenos poderán participar en xogos con paracaídas, obradoiros de maquillaxe e xogos cooperativos, ademais de aprenderen cancións infantís.
xoves, 8 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inaugura o 9 de maio no Instituto Cervantes de Lisboa a exposición titulada "Laxeiro, o carnaval das formas" e que se centra na vertente máis informalista do pintor galego.