venres, 9 mai 2003
Uns 35 membros da asociación de veciños Camiño Vello de Coia pintarán o treito do carril bici comprendido entre as rúas O Grove e Marín o domingo, 11 de maio. Os 1.200 metros escollidos constitúen a primeira fase do programa "De Coia ao mar", dirixido á recuperación do camiño do bulevar para bicicletas e peóns, que pretende a futura continuación ata a praia de Samil.
venres, 9 mai 2003
Marcos Díaz protagoniza o segundo dos concertos do ciclo de novos intérpretes, dentro da programación que ofrece a Concellería de Cultura e que ten como elemento principal a guitarra . O recital terá lugar o domingo ás 20.30 horas no auditorio do Conservatorio de Música de Vigo, con entrada gratuita.
venres, 9 mai 2003
As actividades do programa municipal de dinamización lingüística desta fin de semana desenvolveranse o sábado 10 de maio ás 18:00 na praza da Constitución e no Centro cívico de Teis. Touporroutou e a Escola municipal de música terán senllas actuacións para os máis pequenos. O domingo 11 de maio ás 12:00 haberá unha xornada de xogos tradicionais no Calvario.
venres, 9 mai 2003
Representará a obra "¿Quen matou a Mari Lauri?" dentro do programa Vigo a escena.
venres, 9 mai 2003
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns e a asociación "A golpe de pedal", organizan unha xornada lúdica-educativa para os cativos. Será o sábado, 10 de maio, de 16:00 a 20:00 horas no parque de Castrelos.
venres, 9 mai 2003
A partir das nove da mañá reunirase a Comisión de Goberno na sala de comisión en sesión ordinaria. Na xuntanza trataranse un total de 19 asuntos na orde do día.