Escoitar

O día 12 comeza o pago das indemnizacións ós asistentes á festa de fin de ano 2000 no Hotel Samil

O concelleiro de Sanidade e Consumo, Santiago Domínguez, anunciou que a próxima semana comezará o pago das indemnizacións ós asistentes á festa de fin de ano 2000 no Hotel Samil. O Concello presentara unha demanda xudicial en defensa dos dereitos dos asistentes á devandita festa, que se sentiron estafados pola organización.

xoves, 8 mai 2003
O cobro das inmedizacións, que comezará o día 12 de maio, realizarase por orden alfabética. De momento 440 persoas cobrarán unha cantidade de 102,17 euros cada unha. A semana do 12 ó 16 de deberán pasara pola oficina do Banesto situada nos baixos do novo edificio dos xulgados de Vigo as persoas que os seus apelidos comezen pola letra A. Do 19 ó 23 de maio os apelidos que comezen pola B; do 21 ó 30 de maio pola C; do 2 ó 6 de xuño as letras D e E; e a semana do 9 ó 13 de xuño os apelidos que comezen polo F.

O Concello afrontou decididamente a defensa dos asistintes a aquela festa a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor. O concelleiro sinalou que o Concello seguirá vixiando e controlando aqueles eventos que poidan ocasionar un dano serio para os asistentes, polo que o resultado da sentencia debe ser tido en conta polos organizadores de festas xa que se actuará cando se comprobe se existe un incumprimento das normativas municipais e dos dereitos do consumidor.

A sentencia determina que "a aglomeración de persoas nunhas instalacións inadecuadas para o aforo vendido produciu o colapso da súa organización e a quebra dos seus servicios e espectáculos, dando lugar a un auténtico fraude de lei".