Constitúese o padroado que xestionará o Museo do Mar
O alcalde, Lois Castrillo, será o presidente de honra da fundación que rexerá a nova dotación museística situada en Alcabre dedicada á cultura marítima.
Inicialmente, este padroado estará composto polo propio Consorcio como entidade fundadora e terá como patronos natos ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Cultura. O alcalde, Lois Castrillo, será o presidente de honor, mentres que o presidente da fundación será o delegado do Estado na Zona Franca. Os representantes do Consorcio serán Luis Lara Rubido e Santiago López-Guerra, como representante do Concello será Carme Martínez Corbalán, e por parte da Consellería de Cultura estará Carmen García Campelo, directora xeral de Promoción Cultural.
O primeiro acordo do padroado será desenvolver o calendario de exposicións temporais e pór en marcha os servicios do museo con vistas á súa próxima reapertura ao público. Un dos traballos que se plantexados nesta primeira reunión foi complementar o número de membros do padroado deseñando o perfil de posibles entidades benefactoras e colaboradoras que poidan participar na xestión e financiación do Museo do Mar.
A dotación inicial, realizada polo Consorcio para o desenvolvemento das actividades previstas este ano é de dous millóns de euros, cifra que se considera un gran esforzo para que Galicia teña en Vigo un referente que contribúa á promoción cultural relacionada co mar.
Coa idea de complementar o eixo do discurso central do museo baseado no coñecemento e disfrute das ciencias mariñas a través do tema "O mar como fonte de recursos", o padroado vai programar un ciclo de actividades en torno ao mar nas artes plásticas e á literatura, confirmando así a súa vocación de centro interdisciplinar. "O espello do mar" será a primeira exposición antolóxica sobre a arte galega co tema do mar desde o romanticismo ata 1980, que abrirá as súas portas a finais de xullo para estar a disposición do público ata o mes de outubro. A exposición toma o título da obra de Joseph Conrad xa que, igual que no libro, o mar neste caso o Atlántico é o espello e lenzo da súa propia paisaxe, da súa historia e das persoas que o habitan.
"Un mar de letras" será o ciclo de conferencias literarias centradas nunha semana con presencia de autores de prestixio dentro do panorama literario galego e español. "Miradas oceánicas" será a seguinte exposición multidisciplinar de obras contemporáneas sobre o mar, cun comezo cronolóxico que se sitúa no momento de maior eclosión das actividades artísticas en Vigo, o Movemento Atlántica, que finaliza coas últimas tendencias das máis variadas propostas artísticas contemporáneas, incluíndo todos os formatos e soportes. Esta exposición complementarase cunha serie de actividades paralelas e estará aberta ao público desde noviembre ata xaneiro de 2004.