Escoitar

O XI Campionato Galego de Billar Pool convocará 1.500 xogadores

O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou na Fundación Vide o XI Campionato Galego de Billar Pool que se desenvolverá os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xullo no Instituto Feiral de Vigo.

martes, 6 mai 2003
1052223056billar.jpg
Cartel do Campionato
A competición reunirá a 1.500 xogadores, repartindo premios por valor de 56.000 euros. Os distintos encontros están organizados pola Asociación Galega de Billar Pool, a Confederación Española de Pool e Dardos e a Real Federación Española de Billar, coa colaboración do Concello de Vigo, da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Faro de Vigo, da Fundación Vigo Deporte, da asociación de Hostalería de Vigo e de Amena Siemens.

As modalidades participantes abranguerán, en individual masculino, a 1ª, 2ª e 3ª categorías; e en individual feminino, a 1ª e a 2ª. En equipos, concursarán a 1ª, 2ª e 3ª categoría, as parellas mixtas e o open (señor, xuvenil, infantil e Speed Pool).
Descargar todas as imaxes