O Concello aporta 60.000 euros ao Fondo galego de cooperación para o desenvolvemento
O Concello de Vigo aportará 60.101 euros ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha asociación de carácter municipalista que coordena as políticas locais de apoio aos paises subdesenvolvidos. O Concello vigués integrouse no fondo para optimizar deste xeito os recursos que destina á cooperación internacional.
O Fondo aplicará o diñeiro aportado pola institución viguesa en proxectos de cooperación con paises do Sur, ben sexa co concurso de ONGs ou a través da colaboración directa con municipios de zonas en desenvolvemento.