Escoitar

Reunión da Comisión de Goberno

A Comisión de Goberno reunirase o luns, día 5 de maio, a partir das 9 de maña. Na xuntanza tratarse un total de 18 asuntos na orde do día.

venres, 2 mai 2003
1.- Acta da sesión ordinaria do 14 de abril de 2003.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 218/2002 interposto por D. Balbino Irisarri Castro contra providencia de constrinximento en relación co IBI do ano 1994. Desestimado.

3.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 228/2002 interposto por SAMPER-REFEINSA GALICIA S.L. en relación con liquidación de taxa por un servicio de extinción de incendios. Desestimado.

4.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 285/2002 interposto por Dª MARIA HERMIDA ALVAREZ en relación con providencia de constrinximento sobre sanción por impago de Plusvalía. Estimado.

5.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 266/2002 interposto por Dª MARIA HERMIDA ALVAREZ en relación con providencia de constrinximento por impago de Plusvalía

6.- Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 54/2003 interposto por D. EDUARDO REGUEIRO DOMÍNGUEZ contra desestimación presunta de solicitude de reparación e mantemento de vial en Sampaio de Abaixo. Inadmisible o recurso.

BENESTAR SOCIAL
7.- Proxecto de convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para o fomento e a homologación das políticas municipalistas de cooperación ó desenvolvemento. Expte. 9621/310/03.

CULTURA
8.- Proxecto de convenio de colaboración para a organización dos actos de inauguración do conxunto escultórico dos olímpicos vigueses entre a Concellería de Cultura e a Asociación Deportiva Gallegos Olímpicos. Expte. 7677/331.

DEPORTES
9.- Devolución de fianza realizada pola Agrupación Viguesa de Atletismo pola celebración dun cross escolar no Parque de Castrelos. Expte. 3613/333.

10.- Solicitude de autorización da A.VV. Cristo da Victoria de Coia para organiza-lo XXV Media Maratón Popular de Coia o día 18.05.03. Expte. 3614/333/03.

INTERVENCIÓN
11.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de maio.

12.- Xustificantes de libramento.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
13.- Subvención a favor do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo para realizar unha exposición sobre o mundo do mar. Expte. 270/334.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
14.- Subvención á A.VV. A Nosa Terra de Alcabre para financia-lo custo do aluger do local socio-cultural. Expte. 1848/320/03.

15.- Subvención ó Bispado da Diócese de Tui-Vigo para obras de reparación do torreiro da igrexa de Santa Mariña de Cabral. Expte. 1698/320/03.

RECURSOS E ASESORAMENTO
16.- Auto do Tribunal de Contas no recurso 39/02 interposto por D. MANOEL SOTO FERREIRO contra auto do Conselleiro de Contas do 27.05.02. Inadmisible o recurso.

XUVENTUDE
17.- Obradoiro de emprego Biduiero III para a restauración da Casa da Xuventude e a recuperación dun espacio no Monte do Castro para área adicada á xuventude e o lecer. Expte. 801/336/03.

18.- Rogos e preguntas.