Escoitar

O Concello dálle o seu informe favorable ao centro comercial de Bembrive

A Xerencia de Urbanismo deu o seu informe favorable á construcción dunha gran área comercial a carón da autovía Vigo-O Porriño, en Recaré (Bembrive). O proxecto pasará agora a mans da Consellería de Medio Ambiente para que o revise.

mércores, 30 abr 2003
O proxecto, denominado MDC-Forum Galicia-Vigo, reúne nun edificio unha superficie comercial de 53.894 m2, cun hipermercado, salas de cine, locais comerciais, un ximnasio e establecementos de ocio e restauración. O presuposto de execución da obra é de 27.506.533 euros e o prazo de execución de 36 meses.

O edificio disporá dun aparcadoiro soterrado de tres niveis, con capacidade para 2.042 vehículos. Sobre el construiranse 5 andares nos que se distribuirán os distintos establecementos comerciais.